top of page

Davide González (Mos,1991) 

//Bio// 

Interpretación, música, composición musical e dirección de escena. 

 

 

    Davide González, licenciado en Interpretación xestual pola ESAD de Galicia, ten no seu haber unha continuada experiencia no ámbito das artes escénicas e da interpretación. O seu interese pola pola investigación escénica nas artes vivas e as inquedanzas que amosa para coa creación escénica contemporáneas levárono a crear, xunto con Vanesa Sotelo, a compañía 

    Dita compañía estrea no 2018 a súa primeira montaxe profesional, Eila, coa que forma parte da programación do Vigo en Bruto (2018) impulsado polo Teatro Ensalle.

A súa segunda produción, Microspectivas dun Marica Millennial (2020), volve ser un espectáculo unipersoal e multidisciplinar.  Foi apoiado polas III Residencias Paraíso e polo Centro Dramático Galego como coprodución de dita entidade. Esta montaxe foi nomeada en 4 categorías aos XXV Premios de Teatro María Casares: Mellor Texto Orixinal, Mellor Iluminación, Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo, resultando gañadora en dúas delas: #MaríaCasares ao Mellor Texto Orixinal (Vanesa Sotelo e Davide González) e #MaríaCasares ao Mellor Actor Protagonista (Davide González).

O terceiro espectáculo, A lúa vai encuberta (2021), coprodución de Incendiaria e A Quinta Do Cuadrante, gañadoras do II Certame Manuel María de Proxetos Teatrais impulsado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Apoiado polas Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, pola MITFC e coproducida tamén polo CDG, A lúa vai encuberta foi nomeada en 7 categorías aos XXVI Premios de Teatro María Casares. Davide González foi finalista a Mellor Actor Protagonista e Mellor Musica Orixinal. 

     Dentro da ininterrumpida experiencia de González, atopamos exemplos do seu traballo como intérprete, músico/compositor en A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante; Especies Lázaro, da compañía Teatro Art´Imagem; Ris, Ras; Puño, puñete e Pum,Pum! de Baobab Teatro; Eila e Microspectivas dun Marica Millennial, de Incendiaria; Carabela, de Galeatro ou As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e  Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego. Ademais, destacan as colaboración como cover nos espectáculos Resaca de Ilmaquinario Teatro e Luppo, de Baobab Teatro. 

    Como director de escena, atopamos mostras do seu traballo en propostas como Wombo Combo, Carabela e Muiñada, de Galeatro; A historia das flores e Amor de pé, de Tukumpas Teatro.

    Como compositor no eido do teatro crea a b.s.o para espectáculos como: A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante; Especies Lázaro, da compañía Teatro Art´Imagem;  Quixote, e Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón; Especies Lázaro, da compañía Teatro Art´Imagem; Un home con lentes de pasta, de Redrum Teatro; O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Invisibles, Contos do Recreo e O mozo da última fila de Redrum Teatro; Ris, Ras!, Puño, Puñete! e Pum, pum!, de Baobab Teatro; Microspectivas dun marica millennial e Eila, de Incendiaria; CarabelaMuiñadaWombo Combo, de Galeatro e para o espectáculo do Colectivo Vacaburra O raro é que bailar sexa raro.

    Como compositor no eido audiovisual crea a b.s.o para a mini serie web Vento Ferido e para as curtametraxes Como escribir en el agua de Andrés Seara e Volver Allí, de Lucía Estévez. Para Estévez tamén compón a b.s.o do vídeoensaio Muller Personaxe, do vídeo-danza Change that tune, da videocreación Naufragio e da peza Mofa, que nace a partir da reinterpretación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro que González realiza para o espectáculo Eila

    Ten publicados artigos sobre a música no teatro, as artes vivas e pensamento queer na Erregueté, no diario Cara a unha Escena Plural e na web da Universidade da Coruña dentro do I Coloquio organizado polo Observatorio do Teatro Galego.

    A súa formación é contínua, activa, diversa e multidisciplinar. As últimas profesionais coas que realizou obradoiros e cursos foron: Alfredo Sanzol, Laila Ripoll, Iñaki Moreno, Fernando Lázaro, Iker Gómez, La Macana, Oguri e Roxanne Steinberg, Tito Asorey, Marco Layera, Marta Pazos, Miguel Cubero, Daniel Abreu, Mónica García  e Joana Castro. 

bottom of page